A rapazada do CPI As Mirandas de Ares, en contacto directo co deporte inclusivo

Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos de 4º da ESO do CPI As Mirandas respostaron vivíndoo directamente no marco dunha xornada de deporte inclusivo organizada pola concellaría de Deportes na contorna do Porto.

Dende as 10:00 horas até pasado o mediodía, os rapaces subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia, xusto coma fai calquera compañeirou ou compañeira que teña esa necesidade para moverse dun lado a outro, mesmo sorteando os obstáculos que se poden presentar.

Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto.

A actividade estivo dirixida e coordinada pola Asociación ADM Ferrol, adicada á incorporación de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas.

Tamén se contou coa presenza de Álvaro Illobre, que axudou na materialización da xornada. Esta iniciativa inscríbese no proxecto europeo SPORURAL ERASMUS+ un programa no que está a participar o Concello de Ares ao longo deste ano 2024.

Lea también

A Malata acogió la segunda concentración de la liga gallega benjamín femenina de fútbol sala

La Escuela de Fútbol Sala de O Parrulo Ferrol y la Fundación Gadesport tuvo trabajo …