Narón conmemora o Día de Rosalía de Castro cunha lectura pública

A Biblioteca municipal de Narón acolle este sábado 24 unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

A actividade organizouse para celebrar o Día de Rosalía, que se conmemora cada ano o 23 de febreiro con motivo do seu aniversario.

A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, animou á cidadanía a participar nesta proposta, que dará comezo ás 11:00 horas. A proposta, tal e como recordou a edil naronesa, parte da Asociación de escritores en lingua galega, coa finalidade de homenaxear á nosa poeta máis internacional.

A planta baixa da Biblioteca acollerá o acto de lectura pública de textos de Rosalía de Castro, no que participarán a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil responsable da área.

As persoas que queiran participar poderán tamén facelo, levando eles os textos de Rosalía elixidos ou ben collendo algún dos que estarán a disposición na Biblioteca.

Dita asociación escolleu este ano a Carlos Callón para a redacción do Manifesto do Día de Rosalía, un texto que tamén se lerá no acto programado na Biblioteca este sábado. A escritora naronesa Sara González Veiga será a persoa encargada de ler este documento, respaldando así a iniciativa promovida pola AELG

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …