Axenda en Narón do 17 e 18 de febreiro

Sábado 17 de febreiro de 2024

Actividade: “Gloria, a poeta dos nenos” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

A actividade diríxese a menores que deben ter cumpridos os 4 anos. As persoas participantes coñecerán máis polo miúdo a vida e obra desta poeta que ademais de escribir varias publicacións colaborou en programas infantís e xuvenís. A participación require inscrición previa.

Actividade: “O bosque musical” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico social do Couto

Os menores de 6 a 12 anos son os destinatarios desta proposta organizada dende o Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística. Empregando sinxelas ferramentas os menores poderán manipular diferentes elementos ata escoitar a “música das árbores”. A participación require inscrición previa.

Actividade: “Otello” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acollerá a representación da ópera “Otello”, da compañía Almamahler Productions. Ao longo de dúas horas e media o público desfrutará deste concerto, baseado na traxedia homónima de William Shakespeare. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

Domingo 18 de febreiro de 2024

Actividade: “Xornada de iniciación ao mergullo” Hora: 10:00 Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara

O Concello e a Agrupación Deportiva Náutico Narón organizan unha xornada de iniciación ao mergullo para maiores de 12 anos. O Club do Mar Ferrol colabora nesta actividade.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …