Pontedeume realiza obras de mellora con cargo ó Plan Único

Parcela en Boebre

O Concello de Pontedeume acometerá varias obras nas parroquias da vila con cargo ao Plan Único 2024 da Deputación da Coruña, mellorando desta forma as infraestruturas públicas municipais.

As tres obras previstas, cun orzamento aproximado de 320.000 euros, “son o novo aparcadoiro ao carón do cemiterio de Boebre, a pavimentación e renovación da rede de saneamento no camiño de Veliño, en Castrelo (parroquia de Centroña), e con cargo ao Plan Complemetario a segunda fase da pavimentación do camiño Covés, en Nogueirosa”, explica Daniel Ríos, concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas.

O pleno aprobou os tres proxectos, unha vez actualizados os prezos das actuacións pola subida dos materiais de construción.

O concello destinará tamén 58.000 euros a gasto social, destacando as partidas para o servizo de Madrugadores (26.862 euros), material escolar (10.000 euros) e emerxencia social (12.000 euros).

“As obras dan resposta ás demandas veciñais e ao noso obxectivo de renovar os servizos básicos e as infraestruturas do concello de forma continua”, explica o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, que lembra que “os concellos estamos en primeira liña de atención aos veciños, de aí a necesidade tamén de reforzar o gasto social”.

Lea también

La oficina móvil para emigrantes que regresan estará en Neda el 28 de mayo

La Oficina Móvil de asistencia a los emigrantes retornados llega el próximo miércoles 28 de …