Rehabilitación do antigo hospital de peregrinos de Pontedeume para uso como albergue

A Deputación da Coruña vén adxudicar por 372.845,53 euros as obras de rehabilitación do antigo hospital de peregrinos de Pontedeume, un inmoble histórico situado na rúa Atafona da localidade eumesa e construído do polo arcebispo Raxoi no século XVII a carón da Igrexa de Santiago.

As obras de rehabilitación do inmoble serán financiadas ao 100% pola Deputación mediante fondos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD) das Fragas do Eume impulsado pola Deputación da Coruña 

A finalidade da actuación é rehabilitar este inmoble histórico , que actualmente se atopa en avanzado estado de ruína, para o seu uso como albergue de peregrinos. O inmoble era un antigo hospital no que se atendía aos peregrinos na súa viaxe a Santiago de Compostela.

Con estas obras, a Deputación  sufragará a rehabilitación integral do inmoble con materiais nobles e respectusos co edifico orxinal como pedra e madeira. As obras inclúen a recuperación dos muros perimetrais existentes e a execución dunha cuberta tradicional similar á que tiña antigamente para adaptar a edificación ao seu novo uso como albergue de peregrinos. Planifícase un proxecto dunha única planta, preparado para unha futura ampliación na que se incluiría unha planta intermedia.

Con respecto ás instalacións interiores, o proxecto contempla nova capintería e arquitectura interior do inmboble, novo circuíto eléctrico e de telecomunicacións, así como a acometida de auga e saneamento e os seus correspondentes novos recorridos interiores. A superficie total da intervención é de 145, 5 metros cadrados.

O alcalde de Pontedeume e portavoz do Goberno da Deputación, Bernardo Fernández, destacou a importancia desta obra para “recuperar o patrimonio histórico de Pontedeume e, ao mesmo tempo, dotarnos dun novo albergue de peregrinos nun concello no que o Camiño de Santiago está a ter unha repercusión cada vez máis importante”. Desde 2019, o número de peregrinos que percorre o pasando por Pontedeume incrementouse nun 50%.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …