As Somozas mellora o mobiliario urbano coa colocación de bancos na zona rural

O Concello de As Somozas vén colocar unha serie de mobiliario urbano para mellorar tanto a estética do municipio como para facilitar o descanso das persoas maiores durante os seus paseos.

Colocáronse un total de 12 bancos nos lugares da Retorta, O Condado, O Chao, A Garita, Foxo, A Toca, Seixas e Pena de Eiriz, correspondéndose con zonas rurais do Concello.

A instalación destes instrumentos urbanísticos, que están perfectamente humanizados coa contorna, responde ás peticións da veciñanza, que solicitaban lugares onde poder descansar durante os seus paseos e onde poder sentarse a falar co resto de veciños.

Desde o Goberno local apuntan que con estes novos bancos mellórase o día a día da veciñanza e facilítase así tanto o descanso como un punto de encontro para as persoas maiores no municipio.

Lea también

Éxito del operativo para garantizar la seguridad de las decenas miles de visitantes que eligieron Valdoviño para ver el eclipse

A pesar de que millares de personas acudieron a las playas y al conjunto de …