O Concello das Somozas organiza unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas de 60 anos ou máis.
Esta actividade terá lugar do 14 de outubro ao 16 de decembro, os luns e mércores, na Antiga Escola Unitaria da Igrexa (Fronte á casa do concello). Levarase a cabo en horario de 15:15 a 16:45 horas. Os obxectivos principais deste obradoiro son:
Estimular as capacidades cognitivas a través de exercicios de memoria, atención e razoamento. Promover a autonomía persoal e previr a dependencia funcional. Crear espazos de socialización que fortalezan as redes de apoio
comunitario. Mellorar o benestar emocional e a autoestima dos participantes. Previr a soidade non desexada
As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o 13 de outubro, de xeito presencial no departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ou chamando ao 881 042 066.
O Obradoiro de memoria forma parte do programa “As Somozas acompáñate”, organizada polo Concello das Somozas e cofinanciada pola Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2026.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.


