Neda comezo os preparativos do seu Magosto da terceira idade. O Concello abre, a partir do vindeiro martes, o prazo para que a veciñanza da localidade nesta proposta de lecer que non pode faltar no outono.

A iniciativa, programada para o venres 6 de novembro, á tardiña, busca brindar aos maiores a oportunidade de desfrutar desta festa tradicional con outra xente da súa quinta.
Como sempre, o centro cívico da vila converterase no escenario desta cita na que a gastronomía é, como non, elemento central, ademais da escusa perfecta para que a xente máis veterana do municipio poida xuntarse e divertirse.
A maiores da indispensable degustación de castañas asadas, os participantes desta merenda poderán desgustar boliños preñados e proia. E como cada ano haberá animación musical en directo para bailar unas pezas.
Os veciños e veciñas de Neda poderán apuntarse entre o 13 e o 30 de outubro- ou ata completar aforo- nas oficinas de Servizos Sociais do Concello. A actividade será totalmente gratis para os residentes do municipio. No caso de que queden prazas vacantes, a administración local abrirá un novo prazo do 2 ao 5 de novembro, para que poidan sumarse xente doutras localidades. Neste caso terán que abonar 5 euros.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.