Cedeira promove o XII certame “Tapas de Outono”

O Concello de Cedeira organiza a sétima edición do certame “Tapas de Outono”, que se desenvolverá do venres 13 ao domingo 15 de novembro e que servirá, un ano máis, para promocionar a calidade da hostalería local e a dinamizar o sector.

Foto archivo edicións anteriores (Cedeira)

O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro 14 de outubro. Un ano máis, as tapas creadas para o certame serviranse ao prezo de 3€. Deberán ser petiscos expresamente ideados para o concurso e os seus ingredientes serán propios do outono. Como é habitual, o público que deguste as tapas exercerá como xurado elixindo a mellor cos seus votos.

Nos establecementos participantes repartiranse as tarxetas para que a xente poida emitir a súa opinión, adxudicando tres, dous e un puntos aos mellores petiscos, así como caixas para depositalas unha vez cubertas. Cada persoa só poderá emitir unha tarxeta de voto, e para facelo terá que acreditar ter catado a metade das tapas a través dos selos ou sinaturas dos establecementos.

As persoas que participen e depositen a tarxeta cuberta entrarán no sorteo dunha cena para dúas persoas no local que resulte finalmente gañador. Vencerá o establecemento que sume máis puntos, ou o que teña máis votos de tres puntos en caso de empate, sempre que reúna un mínimo de 50 puntos.

Os negocios hostaleiros que participen deberán servir as súas “Tapas de Outono” no servizo de noite do venres 13, nos de mediodía e de noite do sábado 15 e no de mediodía do domingo 15. O horario mínimo de apertura ao mediodía será de 12.30 a 14.30 horas e o de oite, de 20.00 a 22.30 horas.

Os establecementos hostaleiros de Cedeira poden enviar un Whatsapp ao número de teléfono 697 479 710 ou ben mandar un correo electrónico a noel.lopez@cedeira.gal para formalizar a súa inscrición. Admitirase unha única tapa por local.

Lea también

As Somozas organiza unha nova edición do obradoiro de memoria para maiores de 60 anos

O Concello das Somozas organiza unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *