Inscrición aberta en Narón na actividade infantil “Gloria, a poeta dos nenos”

Os nenos que queiran participar este sábado 17 na actividade infantil “Gloria, a poeta dos nenos” poden anotarse na Biblioteca municipal.

A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, explicou que tras cumprirse a finais do pasado ano o 25 aniversario do pasamento da poeta dos nenos, Gloria Fuertes, se deseñou esta proposta, co fin de que “os nenos non perdan o legado que nos deixou”.

A actividade dará comezo ás 11:00 horas e consistirá na lectura de “O meu primeiro libro sobre Gloria Fuertes”, de Antonio A. Gómez Yebra

Os menores participantes, diríxese a nenos a partir de 4 anos, escoitarán a súa particular voz e elaborarán un crebacabezas coa súa imaxe e un dos seus poemas. Para poder anotarse na actividade é preciso que os nenos teñan cumpridos os 4 anos e o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

As prazas poden reservarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

Lea también

A próximo fin de semana celebrarase en Piñeiros o «X Encontro de rondallas Cidade de Narón”

A concelleira de Festas de Narón, Mar Gómez, presentou xunto co presidente da Asociación de …