Valdoviño celebra o seu XXIV Festival de Entroido

Valdoviño celebra este sábado 17 de febreiro a XXIV edición do seu Festival de Entroido. Tras pecharse o prazo de inscrición, finalmente 6 comparsas subiranse ao escenario que se instalará baixo carpa no anfiteatro da casa da cultura. Alí, o público poderá seguir as súas actuacións tras o pasarrúas co que se inaugura a cita, e que partirá da casa consistorial ás 17:30 horas.

Dende 30 minutos antes, as persoas que desexen participar no concurso na categoría individual aínda estarán a tempo de anotarse in situ. Así, das comparsas participantes, a metade son locais: Os Barallocas, Os Faros do CRA e Faranduleiros, namentras que outras 3 proceden doutras localidades da comarca: Os Colludos (Ferrol), As Xoaniñas de Chao (Narón) e Os Scratchados (Fene).

Todas elas recibirán unha gratificación de 300 euros por participar, e competirán por facerse co premio á mellor comparsa (500 euros) e ao Accésit ao Mellor Carnaval. Xunto a elas, participarán na celebración 4 grupos: «Súper Mario Kart Deluxe», «As Caralletas», «Leite con Galletas» e «Chorlitejos»; 1 grupo pequeno (3-4 integrantes): «Retratos», e 2 parellas: «Irmáns Ioda» e «As pequenas bolboretas».

Este ano, dende a Concellería de Cultura faise un chamamento especial para que os veciños se sumen ao desfile cos seus disfraces e participen activamente no pasarrúas previo ao festival.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …