Ferrol pon en marcha o ciclo de cine en Galego

O Concello de Ferrol pon en marcha esta semana o ciclo de cine En galego, de película, que reunirá no teatro Jofre a un total de 915 alumnos de diferentes niveis de ensino non universitario de 16 centros educativos.

A actividade está organizada pola concellería de Normalización Lingüística en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Este xoves 15, proxectarase a película Meigallos, para os ciclos de educación infantil e primaria, con dous pases, un ás 10:00 horas e outro ás 12:00 horas.

O venres 16, será a quenda da película A illa das mentiras, para alumnado da ESO, bacharelato e ciclos formativos con dous pases: ás 10:00 e ás 12:00 horas.

 

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …