Os lanzamentos longos deixaron bos rexistros en Vigo

As pistas de Balaídos recibían durante este pasado fin de semana, sábado e domingo, a disputa dos campionatos Xunta de Galicia de lanzamentos longos que xuntaron aos mellores especialistas das categorías Sub16, Sub18 e Sub20.

Durante a actuación dos mesmos cabe salientar novamente o concurso de disco Sub16 realizado por Hugo Casañas do Rías Baixas quen no terceiro lanzamento chegaba aos 63.81 m.  situandoo de líder destacado do ranking nacional da modalidade. De igual modo non foi menos salientable os 36.71 m. de Irene Conde do Atletismo Sada quen sobre o mesmo concurso pasaba a encabezar o ranking nacional da súa categoría.

A lanzadora Sub18 do Rías Baixas Aixa Corbacho en martelo, sumábase a esta lista de líderes estatais logo de lanzar ata os 61.16 m.

No martelo Sub16 postos top de ranking nacional para Javier Cid do Ourense Atletismo ao lograr no seu quinto lanzamento unha marca de 52.19 m.

No resto de actuacións cabe salientar os rexistros logrados polas atletas Sub16 Lydia Valdés do At. Sada en martelo con 38.93 m. e Manuel Eirín do Ourense Atletismo en xavelina con 41.

Xa na categoría Sub18, Gema Dacosta do Vila de Cangas con 34.47 m. e Eloy Acuña da Gimnástica con 40.01 m. foron os máis destacado en disco ao igual que Anxo Filgueira do Rías Baixas en martelo con 50.48 m. Pola súa banda Antía Otero do At. Narón en xavelina con 38.50 m. e Enzo López do Barbanza con 53.26  aportaban calidade nesta categoría

Por último na categoría Sub20 destacamos no concurso de disco os 45.28 m. de Bran Núñez do Celta, e os 51.55 m. de Hugo Fernández do Ourense Atletismo en martelo.

Poden consultarse os resultados a través dos seguientes enlaces

Resultados Sub16

Resultados Sub18 e Sub20

Lea también

La Federación Gallega de Tenis informa de la apertura del plazo de Ctos y torneos

Se informa a todos los clubes que ya está abierto el plazo para solicitar acoger …