O Festival de comparsas de Neda xa ten premiados

O Concello de Neda daba o pistoletazo de saída o venres á noitiña á súa programación especial de Entroido.

E facíao co tradicional festival de comparsas, tras ter que suspender por mor do mal tempo o desfile polas rúas. Nove agrupacións, unas 300 persoas,  chegadas de distintos puntos da comarca fixeron desfrutar á veciñanza presente no polideportivo municipal Ale de Paz coa súa música, animación e humor.

O fallo do xurado, integrado polo artista aresán Geno, a animadora sociocultural de Neda, Copi Villaamil, e o concelleiro José Sanmartín, facíase público pasadas ás 23 horas.

O diploma pola súa animación recaía en “Os Argalleiros” (Narón). “A Revolta de Trasancos” (Ferrol) facíase co recoñecemento pola orixinalidade e vestimenta. Finalmente, a distinción na categoría de crítica da realidade local e comarcal ía parar á comparsa nedense “A canteira do Puntal”. O alcalde Ángel Alvariño era o encargado de entregar este diploma.

As próximas citas do entroido en Neda chegarán o martes coa festa infantil, ás 17 horas no polideportivo municipal, á que seguirá ás 19.30 h o habitual pasarrúas ata Os Subarreiros, lugar onde se procederá á queima do meco con espectáculo pirotécnico incluído.

 

Lea también

La Diputación da Coruña licita la creación de un camino ciclable en la batería de Campelo

Tras quedar desierta una primera licitación, se abre de nuevo el proceso para la presentación …