As Pontes da luz verde ó POS da Deputación da Coruña por valor de 1.4M€

O Concello de As Pontes aprobou as actuacións que serán financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2023) que suporán un investimento de 1.403.798 euros.

A achega da Deputación da Coruña inclúe tres partidas, unha de 505.780,81€ euros correspondente á achega provincial do ano 2024, outra correspondente á achega do 2023 cunha contía de 392.238 euros e unha última partida de 1.022.937 euros correspondente ao POS Complementario 2023, que permitirán executar 10 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do municipio.

A achega provincial 2024 destinarase ao gasto corrente mentres que a asignación da achega 2023 destinarase ao proxecto de rehabilitación da edificación para o local sociocultural na praza da Igrexa, cun orzamento de 312.817,10 €. Por outra banda dedicaranse 79.421,08 € ás obras de mellora do firme na avenida das Veigas e na rúa Pardo Bazán.

POS complementario

O pleno municipal tamén aprobou o POS Complementario, que suporá un investimento de 1.022.937 euros que se destinarán a oito actuacións entre as que se atopan o proxecto de mellora de servizos e pavimentos na avenida de Lugo (nº 21-45) cun orzamento de 165.341,15 euros, o proxecto de renovación dos servizos urbanos de saneamento e pluviais, a iluminación pública na marxe esquerda do tramo da avenida das Campeiras situado entre a intersección da rúa Covelos e o número 66 da citada avenida, valorado en 112.041,49 euros así como o proxecto básico e de execución de mellora de servizos e pavimentos da Rúa A Balsa, cun orzamento de 109.053 euros.

Destinarase unha partida de 179.465 euros ao proxecto de mellora da beirarrúa e dos servizos na marxe dereita da rúa Rego do Muíño, no tramo comprendido entre os números 3 e o 44) e unha partida de 19 207.862,90 euros irá destinados á mellora de pavimentos e servizos na avenida de Lugo

Así mesmo, investiranse 55.283,85 euros na reparación e mellora do firme en Gondré e O Castro, 109.346,76 euros dedicaranse á mellora do firme e a seguridade viaria no Parañoa e 84.542,30 euros ao proxecto de pavimentación do viario ao Niño de Azor, San Xoán do Freixo

POS + Adicional

O pleno tamén aprobou o POS ADICIONAL para gastos extraordinarios do exercicio 2024, por valor de 144.508 euros serán destinados a gasto corrente da área de servizos sociais e que permitirán o reforzo do servizo de axuda a domicilio

Lea también

Abierto el plazo para participar en la VIII Carrera escolar Concello de Neda

Ya están en marcha los preparativos para la octava edición de la Carrera Escolar de …