O tecido empresarial da comarca reuniuse en As Pontes co ministro de Industria

Un encontro co ministro Jordi Hereu, que contou coa presenza do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso e a Concelleira de Industria, Ana Pena.

Durante o encontro estiveron tamén presentes a subdelegada do goberno en Galicia, María Rivas, o presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Cristobal Dobarro, Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e Juan Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Tamén contou coa presenza de representantes de Red Eléctrica, Navantia así como os promotores dos proxectos PIE das Pontes, Ence, Reganosa, Universal Kraff e máis de 100 empresarios do municipio e a comarca.

No encontro púxose de manifesto a importancia do municipio e da comarca dentro do sector industrial de Galicia e fíxose un repaso polos grandes proxectos industriais previstos para As Pontes que suman un investimento de 1127 millóns de euros, cunha previsión de 1.000 postos de traballos directos.

O alcalde, Valentín González Formoso, aproveitou este encontro para subliñar as potencialidades de As Pontes “un enclave industrial diversificado e afeito a acometer proxectos tractores para a economía do concello e a comarca” solicitando “axilidade administrativa por parte das Administracións responsables implicadas no desenvolvemento dos proxectos empresariais presentes e futuros planificados para a comarca”.

Pola súa banda, o Ministro de Industria e Ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, subliñou a importancia “deste primeiro encontro que ten como obxectivo, por unha banda, explicar as prioridades do Ministerio e tamén para marcar o comezo dun diálogo entre o ente público e o tecido industrial da comarca e das Pontes, un municipio que é un magnífico exemplo de transición enerxética que, xunto á dixital, son as dúas grandes transicións nas que está a traballar o Goberno. Galicia é un escenario privilexiado para impulsar a reindustrialización en España”.

Tamén recoñeceu a implicación do Goberno en moitos proxectos de novas enerxías, como a do hidróxeno verde, e en industrias manufactureiras. “Estamos a inxectar importantes cantidades de fondos para axudar á transformación da industria”.

Durante o encontro empresarial, o ministro referiuse aos diferentes PERTE que activou Industria e a cuxas convocatorias accederon empresas galegas. Destes PERTE convocados, Galicia obtivo 108 millóns de euros que chegaron a 212 empresas galegas participantes en 89 proxectos.

Lea también

O Club de Vela Fluvial As Pontes recibe o premio “Ponte las pilas y recicla ´23”

Theresa Zabell visita As Pontes para entregar o premio “Ponte las pilas y recicla 2023” …