O Padroado da Cultura de Narón pon este sábado 10 á venda ao público xeral as entradas para os espectáculos programados no Pazo dende o 25 deste mes ata o vindeiro 19 de maio.
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, informou que se poderán ver un total de vinte e catro propostas culturais entre as que se inclúen, no mes de marzo, as programadas con motivo dunha nova edición do Festival Singular.
“Son espectáculos pensados para todo tipo de públicos, moi variados e que permitirán ver no Pazo artistas, músicos e compañías teatrais de primeiro nivel”, destacou Ferreiro.
O día 25 deste mes completarase a programación coa representación de “Viva Vivaldi”, da compañía Os Monicreques de Kukas 18:00 horas. No mes de marzo continuará a programación co Festival Singular, unha das convocatorias máis asentadas no Pazo da Cultura e que inclúe este ano unha docena de espectáculos entre os días 1 e 24.
A primeira xornada poderase ver “Poncia” 20:30 horas, de Teatro Español, con Lolita Flores como protagonista, se ben o día 2 será o turno da comedia “Deadpan Karaoke”, de Ibuprofeno Teatro, 20:00 horas e o 3 «Frida», para público familiar e infantil, de “A Cova das Letras” ás 18:00.
O Festival Singular continuará o 8 coa peza de narración oral “Marcho, que teño que marchar”, de Bea Campos 20:30 e os días 9 e 10 con “Lunátika”, unha comedia de La MedinaEs Company (Andalucía) 20:00 e “O Arquivo do chibo”, protagonizado por Pablo Sánchez, “Pablísimo” 18:00 para público familiar e infantil.
A seguinte fin de semana, o día 15 subirase ao escenario do Pazo Iria Pinheiro, para protagonizar a peza de teatro documental “Miss Docet” de Compañía Eléctrica 20:30 e os días 16 e 17 poderanse ver, respectivamente, a peza dramático-musical “Yo soy Fedra” 20:00 de Teatro La Morena (Uruguay) e “Maruxiña” 18:00, un espectáculo de Aurora Artes Escénicas.
A programación de marzo continuará os días 22 con “O único que verdadeiramente quixen toda a vida, é ser delgada” 20:30, de Butacazero e a cargo de Esther F. Carrodeguas; “D. Ramón María del Valle Inclán” 20:00 o día 23 a cargo da compañía Bravo Teatro e “Historia dunha nena namorada do mar” o día 24 18:00, de O Sol de Outono.
No mes de abril continuará a programación o día 6 co espectáculo de rock “The very best os Dire Straits” 20:30 de Brothers in Band; o 7 coa obra de teatro “Titiricircus”, de Tanxarina 18:00 o 13 coa peza de teatro musical “Los músicos de Bremen” 20:00 de Nacho Vilar Producciones; o día 20 coa obra de teatro contemporáneo “O dragón de ouro” 20:00 de Sarabela Teatro e o 27 con “Ceibe”, unha proposta de danza tradicional de Fran Sieira compañía de danza 20:00.
O último espectáculo programado para o mes de abril será o musical “Súper Mario: el gran tributo”, de Vol Music Events 18:00 o día 28.
A maiores, están xa pechados cinco espectáculos para o mes de maio: “Orquestra de malabares”, de Pistacatro productora de soños, o día 4 20:00 horas “4×4”, de Ron Lalá, o día 11 20:00; “Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos”, o espectáculo de música folk tradicional celta de Luar na Lubre, o día 17 20:30; a comedia “Iribarne”, de Butacazero, na xornada do 18 20:00 e, finalmente, “Só”, unha proposta para público familiar e infantil de Xampatito Pato, o día 19 de maio 18:00