O desfile de disfraces abre en Cedeira o programa de Entroido

O desfile de comparsas e disfraces abrirá este sábado 10 en Cedeira o programa festivo de Entroido, que se vai prolongar ata o mércores 14 con variedade de propostas e actividades para todas as idades.

Este ano a maiores, se fallarán premios especiais de carroza e asociación ou centro educativo, a contía dos premios se elevou este ano ata sumar 5.590€.

O desfile partirá ás 18.00 horas da estación de autobuses e irá acompañado da charanga Bicoia. Realizará o habitual percorrido polo casco urbano de Cedeira, comezando pola avenida Castelao e dando a volta ás pontes, para rematar na Praza Roxa. Alí, a partir das 23.30h, entregaranse os premios, o xurado está integrado por persoas do tecido asociativo, e comenzará unha verbena coa orquestra Fania Blanco Show.

En caso de choiva este sábado, tal e como xa especifican as bases do concurso de disfraces, adiaríase o desfile. Nese caso, a charanga Bicoia animaría a zona da praza Roxa.

O programa de Entroido continuará o domingo 11 cunha proposta de xogos e obradoiros para a cativada na Praza Roxa, de 17.00 a 20.00h. Ao día seguinte, o luns, haberá no mesmo lugar un espectáculo infantil a cargo dos Jalochos, un grupo que ofrecerá un concerto participativo e con protagonismo da lingua galega, con percusión corporal e baile, no que aparecerán lendas e personaxes tradicionais. A cita é as 17.30h.

O martes 13 a festa desplazarase ao polideportivo Municipal. Alí, a partir das 17.00 h haberá inchables e obradoiros nos que poderán gozar gratuitamente os nenos.

O programa tocará ao seu fin o mércores 14 co tradicional enterro da sardiña. A praza da Marieta, ás 18.00 horas, será o punto de encontro para comezar os actos funerarios, nos que moitos veciños adoitan participar gardando rigoroso loito.

O cortexo fúnebre realizará un percorrido polo casco urbano da vila que rematará na praza Roxa, onde terá lugar un breve acto para despedir á sardiña e clausurar o Entroido.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …