As Somozas solidarízase cos afectados polo terremoto en Marrocos

Do 16 ao 23 de marzo, varios equipos da comarca, incluído un do municipio somocense, participará no Raid Solidario que pasará por varias poboacións afectadas polo terremoto de Marrocos, acontecido o pasado mes de setembro.

Como axuda, o Concello das Somozas realizará unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros e material escolar en beneficio das persoas afectadas por esta catástrofe natural.

Ata o 8 de marzo, e en horario de 9:00 a 13:00 horas, haberá unha zona habilitada na Casa Consistorial das Somozas para que todas as persoas que o desexen poidan achegarse e realizar as súas doazóns para esta causa solidaria.

O Concello das Somozas convida a participar e colaborar nesta acción solidaria para que o equipo que parte da vila poida levar unha gran cantidade de material e víveres ata as persoas afectadas en Marrocos.

Lea también

Hotel Os Cantís é o gañador en Cedeira da sexta edición do certame “Tapas de Outono”

O establecemento, que abriu no verán de 2024 e que participaba por primeira vez no …