Cedeira acolle a obra “Unha inimiga do pobo”

A compañía Talía Teatro visita este sábado 3 Cedeira coa obra “Unha inimiga do pobo”, adaptación do texto escrito polo noruegués Henrik Ibsen en 1882 e convertido en todo un clásico da literatura dramática universal.

Tito Asorey dirixe a obra, que é unha denuncia daquela política que antepón os beneficios económicos á saúde da poboación ao tempo que propón unha reflexión sobre o uso dos medios de comunicación por parte do poder. A representación, dirixida ao público adulto, será ás 20.00h no Auditorio Municipal.

As entradas teñen un prezo de 3,5€ e estarán á venda na billeteira media hora antes.

Na adaptación de Talía Teatro, a “inimiga do pobo” é unha muller, en lugar do home da versión orixinal. A protagonista é unha doctora de gran prestixio que, embarazada de sete meses, decide voltar ao seu pobo natal para emprender unha nova etapa e adicarse a dirixir o balneario que ela mesma deseñou e no que a veciñanza ten postas moitas expectativas.

Os problemas xurden cando aparece unha inesperada contaminación nas súas augas, que poden poñer en perigo a saúde da xente.

Talía Teatro é unha compañía fundada hai 36 anos, cunha sólida traxectoria e demostrada capacidade de producir e distribuír diferentes propostas escénicas. Xunto ao director Tito Asorey, traballa tamén na dramaturxia deste peza Vanesa Sotelo. Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez, Toño Casais, Rubén Prieto, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo son os intérpretes.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …