O Campionato de España de pista curta Sub23 conta con deportistas galegos

Un total de 27 atletas galegos acuden esta fin de semana a tomar parte no Campionato de España Sub23 de Short Track (nova denominacion oficial da pista cuberta) que se desenvolverá en Antequera durante este sábado e domingo nun encontro que será retransmitido en streaming por LaLiga+

Varias bazas de medalla

Entre a relación de participantes destacada figura a presenza de Jorge Román Leiros sobre a proba dos 400 m. na que se achega cun crono de 48.08 que o sitúan en disposición de estar na loita directa polos metais.

No medio fondo, Hugo Vázquez do Marineda At. en excelente estado de forma, intentará mellorar os seus 3:51.78 sobre os 1.500 m. que poderían dar ao vigués a opción de estar nos postos de podio.

A representación galega máis numerosa estará sobre a proba dos 60 valos onde tomarán parte un total de seis atletas á cabeza dos cales sitúanse o internacional Hugo Vázquez do Marineda Atlético e Andrea Villaverde da Gimnástica, atleta esta última a que tamén veremos en lonxitude.

Sen abandoar a lonxitude, atención á participación de Raúl Cortizo da Gimnástica así como a dos lanzadores de peso Samuel Lema do At. Negreira e a do campión galego absoluto de pista curta Miguel Angel Granado do Real Club Celta

Andrea Reija do Xuncas Diversia e Aitor Fernández do Super Amara e tomarán parte sobre as combinadas co obxectivo de ir na procura de unha MMP e un acceso a postos de finalistas.

Especial atención as opcións claras de medallas das internacionais Inés Docampo do ADAS CUPA e Xiana Lago do Ría Ferrol. Na proba dos 3.000 m. a atleta barquense, e campioa de europa por equipos Sub20, parte ca terceira mellor marca das participantes con 9:36.44 polos 13.07 m. que sobre o círculo de peso acredita Xiana Lago e que a colocan ca segunda mellor marca das participantes.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …