Curso sobre mantemento e reparación de cadeiras de rodas

A Asociación Sociocultural ASCM organiza un curso dirixido a persoas con discapacidade con coñecementos previos sobre a materia

Dentro do programa RODAS a ASCM ten aberto o prazo para apuntarse a esta acción formación específica en cadeira de rodas que conta coa financiación da Xunta de Galicia con cargo o 0,7.

A presente formación específica é totalmente gratuita, dirixida á adquisición de determinadas competencias, habilidades ou aptitudes de índole profesional, nun sector que necesita de máis profesionais.

O contido do curso versará nun primer módulo introductorio sobre os tipos de cadeiras de rodas e outros dispositivos de apoio a mobilidade. O longo do curso ensinarase cuestións sobre electrónica, mecánica e automatismo para poder aprender a identificar e reparar as averias máis frecuentes sobre todo nas cadeiras de rodas (baterías, motor, rodas…)

O curso tamén incorpora unha pequena formación sobre igualdade e novas tecnoloxías dun total de 216 horas.

As prazas son limitadas e a selección das persoas participantes realizarase entre as candidaturas que teñan a lo menos o 33% de discapacidade priorizando as que teñan coñecementos previos sobre a materia. As persoas interesadas deberán apuntarse cubrindo, antes do 15 de febreiro, a través do formulario web que poden atopar en https://orientacion-laboral-ascm.blogspot.com/

O comenzo do curso está previsto dende o luns 26 de febreiro ata finais de maio, realizando as clases en horario de tarde, na sede da ASCM en Ferrol (Esteiro).

Lea también

Agenda zona norte- sábado, 4 de mayo 2024

—-Quedan 241 días para finalizar el año. Día Internacional de Star Wars.La fecha fue elegida debido …