Usuarios da residencia de Ortigueira elaboran un mural polo Día da Paz

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, estivo con persoal, usuarios e familiares da residencia de maiores de Ortigueira, pertencente á rede pública autonómica.

O xerente do Consorcio visitou o centro con motivo da celebración do Día da Non Violencia e da Paz, e estivo acompañado do alcalde do concello, José Valentín Calvín Fondevila.

Os usuarios da residencia participaron na elaboración dun mural conmemorativo desta xornada e nun faladoiro sobre os conflitos abertos actualmente no mundo.

Lea también

La unidad móvil de la ITV para vehículos agrícolas se desplaza a Neda el 26 de noviembre

Los vecinos/as de Neda que tengan en propiedad tractores con o sin remolque y otro …