Os investimentos do POS+ e o POS Adicional no Concello de Neda rondan os 451.000 €

A corporación acorda destinar o POS Adicional a obras de mellora de eficiencia enerxética, accesibilidade e renovación da rede de augas.

A corporación municipal de Neda aprobaba, no pleno  deste lúns, os proxectos que financiará este ano co cargo ao POS+ e ao POS Adicional da Deputación provincial da Coruña; En suma, 450.818,22 euros.

No primeiro caso, o Concello daba luz verde ás obras de acondicionamento do camiño entre Forxá e Castiñeiro, que contemplan a súa pavimentación e mellora da rede de pluviais, cun orzamento base de licitación cercano aos 52.000 euros, e á intervención de mellora da seguridade vial no vial AC-862, que cun presuposto lixeiramente superior aos 55.000 euros, permitirá a renovación de 110 metros de varandas nesa vía.

En canto ao POS Adicional, o Concello aprobaba outras 4 intervencións: a mellora da eficiencia enerxética do inmoble da Casa da Cultura coa substitución das fiestras; a renovación da rede de abastecemento de auga dende o centro de saúde ata a Mourela; a renovación da rede de abastecemento na rúa O Carreiro, e a reforma integral do parque infantil da ribeira de Xubia coa súa transformación nunha zona de xogos completamente accesible e inclusiva.

Nun e noutro caso, as actuacións contaron co respaldo dos grupos municipais do PSOE, PP e BNG, e a abstención de Moveneda. A unanimidade chegou na votación do destino dos fondos do POS Social, que permitirán cubrir gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar e das axudas de emerxencia social.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …