O Pazo da Cultura de Narón acolle este «finde» dous espectáculos

O Pazo da Cultura Narón acolle esta fin de semana a representación da comedia “Manual para armar un sueño”, da compañía La Zaracanda, e a peza de teatro musical “El fantasma de la ópera”.

Os espectáculos terán lugar na xornada do sábado, 20:00 horas,  e o domingo, 19:00 horas, respectivamente e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

“Manual para armar un sueño”, de Tertulia Producción, é unha oda á esperanza que pretende arroxar luz nun mundo hostil. Un actor que envelleceu camerino a camerino maquilla a súa derrota íntima, as súas ilusións… e moitas outras cousas difíciles de esquecer. Aliado cos seus personaxes, o protagonista desafiará a morte e o olvido para buscar a alegría do reencontro co teatro.

Así mesmo, “El fantasma de la ópera”, o máis lonxevo da historia e o segundo en número de espectadores, baséase na novela homónima de 1908 e representa un tributo cercano a todo tipo de públicos, onde a lírica se dá a man con outros estilos e onde o drama se entremistura coa comedia.

Lea también

Dos ponteses firman el cartel que representará la imagen del Festival Intl. do Mundo Celta de Ortigueira

La obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto y Joseba Silvent, vecinos del Ayuntamiento de As …