Ángel Mato lamenta que PP Ferrol «resucite» o saneamento do rural ás portas do 18F

O voceiro do grupo socialista do Concello de Ferrol, Ángel Mato solicitou que «non se xogue politicamente coa obra do saneamento do rural», referindose a que «se resucita» a un mes das eleccións autonómicas.

O concelleiro e ex alcalde asegurou que «xa se ten perdido ano e medio desde que se lle comunicou ao Concello que o saneamento o ía financiar a Xunta» e, este respecto, lembrou a reunión que mantivo el mesmo con Rueda, na que o presidente da Xunta comprometeuse a finais de 2022 a financialo. Dende entón, dixo, non houbo ningún avance.

«Augas de Galicia atascou o proxecto, redactado por Emafesa, alegando que tiña graves deficiencias técnicas e, en campaña das municipais, dixo que se ía licitar toda a obra cun proxecto único en anualidades», subliñou Mato, ao tempo que apuntou que Rey Varela recoñece que, polo momento, non mudou nada en dito documento e que, polo tanto, esas presuntas deficiencias non se teñen subsanado.

«Pero, curiosamente, saca da manga un protocolo para executalo a cuatro semanas do 18F, mentres o financiamento para o 2024 é mínima, menos dun 10 % do que costará a actuación total», destacou.

Como puxo de manifesto, esta intervención debe ser unha prioridade para a Xunta e Concello, xa que é o que resta para rematar o saneamento do termo municipal. «Ferrol non pode perder máis tempo e non merece estes actos baleiros de contido que só buscan arañar un puñado de votos», rematou o voceiro socialista.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …