Aberta en Narón a inscrición nos obradoiros de “Benestar activo”

O Concello de Narón abriu o prazo de inscripción nos obradoiros de Benestar activo, dirixidos a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e que padecen algunha enfermidade crónica.

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, indicou que o obxectivo desta convocatoria é “acadar un maior benestar psicosocial das persoas con enfermedades crónicas, ofrecéndolles unha serie de ferramentas que lles permitan levar mellor a súa enfermidade”.

Os obradoiros levaranse a cabo entre os meses de febreiro e maio deste ano no centro cívico social de Xuvia e no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, cun total de tres grupos.

En total ofértanse 32 prazas, das que 12 serán para o primeiro grupo, o de Xuvia, que se reunirá os luns e mércores de 10:30 a 12:00 horas; otras 10 prazas para o segundo, que será no Manuela Pérez Sequeiros os martes e xoves de 12:00 a 13:30 horas e as 10 restantes tamén no Manuela Pérez Sequeiros os martes e xoves pero en horario de tarde, de 16:30 a 18:00 horas.

O edil naronés explicou que se traballará con grupos dinámicos, realizando exercicios adaptados en cada caso, da man de profesionais mesa área, e combinando diferentes disciplinas á hora de realizar os exercicios deste programa, no que tamén se traballarán as habilidades sociais e persoais e a xestión emocional.

As sesións son de balde e as persoas interesadas en participar poden presentar as solicitudes, ata o 31 de xaneiro ás 13:30 horas, a través da Sede Electrónica de Narón, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario disponible na Sede Electrónica do Concello de Narón.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscripción, tendo preferencia as persoas que non participaron en convocatorias anteriores similares.

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109).

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …