Apertura do prazo de inscrición para asistir ao obradoiro creativo “Pasaporte lector” na Biblioteca de Narón

A Biblioteca municipal de Narón abre este martes, ás 16:00 horas, o prazo de inscrición en “Pasaporte lector”, un obradoiro creativo no que as persoas participantes elaborarán un pasaporte lector de viaxeiros/as. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que a actividade se levará a cabo este sábado, día 27, nas instalacións da Biblioteca a partir das 11:00 horas.

A iniciativa diríxese a nenas e nenos a partir de 6 anos que crearán o propio pasaporte lector, un documento no que rexistrarán todas as aventuras literarias ao longo do ano. Cada libro que lean será un selo nese pasaporte que irá marcando o seu percorrido por mundos cheos de imaxinación e aprendizaxe. Para poder participar os menores deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.

As reservas de praza poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

Lea también

A campaña Merca Nadal de Narón reparte 2.000 euros en vales de compra

O Concello de Narón acolleu o acto de entrega dos tres vales de compra correspondentes …