Pontedeume incorpora dous novos axentes de policia

O Concello de Pontedeume incorpora dous novos axentes de Policía Local para mellorar o servizo e reforzar a seguridade cidadán.

As dúas novas incorporacións proceden da Oferta de Emprego Público realizada dende o ente local, que fai desta forma un esforzo para cubrir as necesidades da Policía Local, unha prioridade para o grupo de goberno local.

 

 

Con estas incorporacións, increméntase a plantilla da Policía Local de Pontedeume, que pasa de catro a seis axentes. Previsiblemente, o concello convocará, en base á oferta de emprego do 2023, unha nova praza para o departamento, chegando desta forma ao número máximo de axentes que a lexislación permite ao Concello de Pontedeume pola taxa de reposición vixente.

“Pontedeume é unha vila segura segundo os datos oficiais, pero desde o concello queremos mellorar o funcionamento dun servizo público básico para os nosos veciños”, asegura o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

Os dous novos efectivos tomaron posesión do seu posto en presencia do alcalde e do concelleiro de Réxime Interno, José Simoes Couceiro, despois do seu paso formativo pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Lea también

Neda proxectará na segunda quincena de outubro dúas películas do Ciclo nacional de cine e mulleres rurais

Neda súmase por segundo ano consecutivo ao “Ciclo nacional de Cine y Mujeres Rurales”, que …