O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo «Entrega en man»

Este sábado 20 o Pazo da Cultura de Narón acolle ás 20 horas o espectáculo teatral «Entrega en man» . O prezo da entrada para bonados ten un custe de 6,65 €, para desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos) : 6,65 € e para o público xeral de 9,50 €

Sinopse

A cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia

Ficha técnica

Autor: Martin McDonagh

Dirección: Cándido Pazó

Adaptación: Cándido Pazó

Escenografía: Pablo Giráldez

Deseño son: Guillerme Fernández

Deseño iluminación: Afonso Castro

Vestiario: Martina Cambeiro

Música: Guillerme Fernández

Elenco artístico

Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diego Sales

Lea también

La Xunta licita obras de mejoras en carreteras de Narón, As Pontes, As Somozas y San Sadurniño

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitó este lunes por importe de 2.017.639 …