Primeira reunión da Asociación de Concellos do Eume

Os alcaldes dos concellos de As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Monfero e A Capela participaron na primeira xuntaza da Asociación de Concellos do Eume, asociación que ten como obxectivo traballar, de forma conxunta, na xestión da comarca e dar resposta ás inquedanzas da poboación dos cinco municipios.

Durante o transcurso deste encontro, os rexedores locais estableceron unha folla de ruta que, de maneira integral, considera todos os retos e todas as accións necesarias para facer da comarca do Eume un territorio habitable, competitivo, atractivo, amable, acolledor, saudable e concienciado co desenvolvemto equitativo, xusto e sostible.

Así, acordaron traballar na posta en valor, dinamizacion, recuperación e difusión do patrimonio dos cinco concellos, no seu desenvolvemento socioeconómico, especialmente no vinculado aos recursos naturais e culturais, dentro dun marco de sustentabilidade, a traves de accións que revertan directamente na poboación de As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Monfero e A Capela.

Todos os alcaldes coincidiron na necesidade de traballar, de xeito prioritario, na captación de fondos e investimentos para a comarca que permitan un desenvolvemento equilibrado do territorio e o acceso a un maior número de servizos e oportunidades para veciñanza.

Lea también

El concello de Pontedeume renovará la red de abastecimiento en la avenida Ricardo Sánchez

El Ayuntamiento de Pontedeume aprobó en pleno la realización de unas obras de renovación de …