Convócase o Premio Galaxia de Novela 75 Anos

Na mañá deste venres celebrouse, no Café Vitruvia, en Vigo, unha rolda de prensa para presentar o Premio Galaxia de Novela 75 Anos. Pasaron 50 anos dende que Carlos Casares gañou con Xoguetes para un tempo prohibido o premio convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial. Pensando no 2025 e o 75 aniversario, Galaxia quere recuperar este premio.

No acto, participaron Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado e conselleira da editorial; Marcos Calveiro, secretario do xurado e director de Edicións; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

Poderán optar ao premio os escritores e escritoras maiores de idade que o desexen, ata o 1 de decembro de 2024. Establéce un único premio, indivisible, dotado coa cantidade de 25.000. 

Enlace coas bases do premio:

https://mail.google.com/mail/u/0?ui=2&ik=90a14dd003&attid=0.3&permmsgid=msg-f:1788518167577797656&th=18d217cc24cea418&view=att&disp=inline

Lea también

Se inaugura la exposición “Das Crebas”, de Xosé Luis López en el Ateneo Ferrolano

El Ateneo Ferrolano presenta la nueva exposición del artista gallego Xosé Luis López (Das Crebas), …