As Somozas aposta pola industrialización do polígono coa implantación de “Queixos Brigantia”

O Concello das Somozas aposta por continuar fortalecendo o músculo industrial da vila coa nova incorporación da empresa “Queixos Brigantia” ao polígono.

Con esta incorporación, o parque empresarial das Somozas está a un paso de recuperar a plena ocupación no máis do millón de metros cadrados de solo industrial cos que conta o polígono.

Tras o anuncio, o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás destacou que “esta actuación continúa co firme compromiso de este goberno local por facer do polígono industrial das Somozas un referente na comarca e punteiro na creación e dinamización de emprego”. “ O futuro empresarial do municipio é esperanzador e confiamos en recuperar moi pronto a plena ocupación”, remata.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …