FeC apoia a manifestación contra a xestión da Xunta na crise dos pellets

Ferrol en Común apoia a mobilización convocada para este domingo 21 de xaneiro en Santiago co obxecto «de expoñer a protesta pola nefasta xestión da Xunta de Galicia na crise da vertedura de pellets nas costas galegas»

«A Xunta amosou dende o minuto un a súa intención de eludir responsabilidades e minimizar unha cuestión que é un absoluto desastre medioambiental. O presidente Rueda reaccionou mal e tarde ante esta grave situación, intentando cargar primeiro coas súas competencias e responsabilidades aos concellos e logo ao Goberno Central» afirman

«Unha vez máis, son os veciños, mariscadoras, cofrarías de pescadores, ecoloxistas e voluntarios os que fan fronte a limpeza das nosas costas, ante un claro abandono por parte da administración que dirixe Rueda».

«Dende Ferrol en Común participaremos na mobilización convocada para este domingo 21 de xaneiro en Santiago, xunto cos colectivos convocantes para denunciar a neglixencia da Xunta de Galicia na xestión desta crise e animamos a toda a cidadanía a acudir á dita cita»

Lea también

Ferrol en Común considera «inaudita e irresponsable» a pasividade do goberno local ante as deficiencias do transporte público

Ferrol en Común a través dun comunicado expón que «a situación do transporte público na …