O BNG de Narón presenta dúas mocións para o seu debate no pleno

O BNG de Narón presenta no mes de xaneiro dúas mocións para o seu debate a pleno.

A primeira, pola información que está a chegar das parroquias onde o concello anuncia que vai retirar “partidas mínimas” nas que colaboran en festas importantes en diferentes lugares do concello.  A segunda, pon a voz de alarma na situación que padecen “desde hai anos” no CPI “O Feal” coa limpeza do centro que chega a ser un “problema de saúde pública”

O BNG de Narón preocúpalle «que o concello non teña presentado nin tan sequera un borrador á oposición e que “anuncien a bombo e prato investimentos de 17 millóns de euros para xardíns mentres chaman ao tempo a entidades para dicirlles que este ano non van ter para determinadas festas a inversión dunha carpa ou dun grupo de música que sempre aportou o concello alén das subvencións” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Por todo isto, desde o BNG de Narón presentaron unha moción «para que festas como a esfolla, o samaín, a Alteada ou Pena Molexa continúen como ata agora mais tamén a dos callos de San Mateo, o Magosto do Val, o entroido de Xuvia ou a dos liscos en Doso sigan a contar coa colaboración do concello» 

“As festas que se levan facendo de maneira tradicional nos nosos barrios e parroquias son un punto de encontro para persoas de todas as idades e poñen en valor o mellor Narón, ademais de recuperar espazo público para a veciñanza. Colaborar e non impoñer é o que ten que facer un concello. Por nós non vai ser que se retiren dos orzamentos estas partidas que, por outra banda, son mínimas”.

Se adxuntan as declaracións de Olaia Ledo sobre as festas

Ademais, desde o BNG de Narón presentan unha moción instando á Xunta “de maneira urxente” a aumentar o servizo de limpeza no Feal “desde época de pandemia a limpeza hoxe é insuficiente para un centro de 700 alumnos, hoxe moitos nenos e nenas nin tan sequera van ao baño polo estado no que se atopan. Ou aumentan en efectivos ou atoparémonos cun problema de saúde nun centro público».

Declaracións de Olaia Ledo sobre o servicio de limpeza no Feal

«Xa o reclamamos no parlamento mais agora que vai haber eleccións e o PP promete de todo podía comezar cumprindo cos centros de Narón e máis aínda con servizos que lles corresponden» indica Olaia Ledo, voceira do BNG en Narón.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …