Nace o Circuito Galego de Marcha

Créase o Circuito Galego de Marcha para atender ás necesidades do sector. A marcha galega contará cunha nova e importante ferramenta de promoción para este ano 2024.

Circuito Galego de Marcha durante este tempada se estará desenvolvendo en seis xornadas das cales cinco serán en ruta e unha en pista.

A primeira proba será o vindeiro 4 de febreiro en A Pobra coincidindo ca disputa do autonómico da modalidade e que terá a súa continuidade no Concello de Ames o 23 de marzo; O Cervo o 7 de abril;  Santiago o  4 de maio; A Coruña o 18 de maio rematando o 16 de novembro en lugar ainda por concretar.

Reaccións

Esta medida forma parte dun dos compromisos adquiridos polo Presidente da FGA Iván Sanmartín de dotar á marcha galega dun circuito de probas. Para o máximo direxente galego, “Uns dos aspectos claves que pretendo impulsar desde a Federación é a de articular todos cantos recursos poidamos para a promoción do noso atletismo nas categorías base, sen esquecer o apartado de formación e capacitación de técnicos e técnicas. O CEAGA (Centro de Ensino de Atletismo Galego) que puxemos en funcionamento o ano pasado e as distintas campañas de promoción, que como no caso da marcha estamos impulsando, marcarán a nosa línea de actuación”

Para a responsable do sector de Marcha da FGA Maika Jueguen a máxima preocupación nestes intres é a de seguir impulsando unha modalidade que conta con pouca oferta sobre todo nas categorías base. “Analizando as últimas tempadas observamos un descenso no número de participantes masculinos, polo que decidimos apostar desde a Federación por unha campaña tanto a nivel de formación como a nivel de promoción”

Para Jueguen foi moi importante a colaboración e predisposición dos concellos de A Pobra, Ames, Cervo, Santiago e Coruña así como a da Universidade de Santiago para a organización deste circuito que ademáis de servir como un importante elemento de promoción, pretende estar aberto á participación dos máximos referentes de marcha galega na actualidade.

Referente galego

A marcha no noso atletismo conta cunha gran pegada e tradición ao longo da historia.

Xa no ano 1947 o marchador ourensá José Ruíz Lopez, convertíase no primeiro galego en lograr un campionato de España no ano 1947 así como en 1951 e 1952, inaugurando o que sería unha importante presenza dos nosos atletas nos podios nacionais.

Con posteriroridade as figuras internacionais de Rosa Sierra, Lorena Luaces, Jorge Ignacio Silva e a do olímpico Santiago Pérez, asentaron unha modalidade que no día de hoxe continúa sendo relevante e cuxos máximos expoñentes son as internacionais Antía e Daniel Chamosa e Carmen Escaríz sen esquecer ao múltiple campión mundial e europeo máster Juan Manuel Morales.

A maiores o Gran Premio Internacional Cantones de Marcha Atlética. Trofeo Sergio Vázquez que cada ano acontece na Coruña, está recoñecida pola Word Athletics como a proba máis importante da súa modalidade de todas cantas se desenvolven a nivel mundial, contando desde o ano 2019 co máximo galardón de “Patrimonio Mundial do Atletismo”.

Lea también

Rueda releva a la cúpula del Sergas e incluye a médicos de familia en dos altos cargos

El Consello de la Xunta de este lunes ha aprobado la renovación de los cuatro …