O BNG de Ferrol censura «os vetos» na inauguración do memorial ás victimas do franquismo

O BNG de Ferrol a través dun comunicado expresa que tras a comisión informativa de Cultura celebrada o venres 12 de xaneiro na que, a pregunta do BNG, o PP informaba da negativa do goberno local a aceptar a proposta formulada por parte da comisión pro-memorial para que familiares de Moncho Reboiras participasen do acto de inauguración do monumento aos asasinados polo franquismo en Ferrolterra, «desde o BNG exiximos ao Alcalde de Ferrol que levante o inconcibible veto imposto polo PP a determinadas persoas, vítimas dunha ditadura atroz»

Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, afirmou que «é moi triste que a estas alturas do s. XXI, o PP continúe a exercer a súa práctica política sobre a base de comportamentos intolerantes e retrógrados que discriminan a persoas asasinadas por unha ditadura atroz pola súa condición ideolóxica, instaurando categorías de vítimas do franquismo»

Rivas considerou «fora de lugar e censurou os argumentos expostos polo PP na comisión celebrada o venres pasado cando afirmou que “Moncho Reboiras era unha personaxe conflitiva” e pediulle ao PP que abandone dunha vez a práctica de edulcorar e branquexar un réxime inxustificable e que acepte a diversidade e pluralidade de pensamento como un feito consubstancial á democracia»

O portavoz nacionalista lembrou que «este non é o primeiro veto que o PP impón para que a inauguración do monumento teña lugar. Previamente a esta decisión o Alcalde desta cidade xa impediu a participación neste acto dunha representante do BNG, a proposta tamén da comisión co obxecto de dar visibilidade a diversidade política que existe na comarca»

Rivas, pediulle ao Alcalde desta cidade que «abandone estes comportamentos reaccionarios, cando menos respecto da participación neste acto dos familiares de persoas que, como Moncho Reboiras, foron vítimas mortais dunha ditadura do terror que se prolongou durante décadas até ben entrado 1975 e na que se asasinou de maneira indiscriminada a persoas pola súa condición política, sexual, ideolóxica ou por simplemente discrepar do réxime dictatorial imposto tras un alzamento militar»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …