A Deputación da Coruña impulsa a OPTI da Cámara de Comercio

A Deputación da Coruña acaba de asinar un convenio de colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña para o impuso da Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña (OPTI) e a súa área de influencia en funcionamento desde marzo de 2023.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, destacou a importancia deste acordo para impulsar a atracción de novas iniciativas e investimentos industriais e tecnolóxicos á comarca coruñesa “nun momento no que temos por diante un reto importante, xa que os vindeiros catro anos serán os últimos para a adxudicación dunhas cantidades moi importantes de fondos europeos que nos van permitir un cambio de modelo socioeconómico en Galicia baseado nos eixos vectores que establece a Unión Europea: dixitalización, transción enerxética e economía circular”, afirmou.

“Galicia e a comarca da Coruña deben ter un protagonismo clave nesa nova economía europea”, afirmou Formoso, que destacou que “palancas como esta que poñemos en marcha coa Cámara de Comercio servirán dinamizar a actividade industrial e para que os fondos europeos cheguen ao tecido empresarial”.

Para o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro Méndez, “contar co apoio da Deputación da Coruña achegará á OPTI un impulso de gran valor para poder continuar promovendo a implantación de novos proxectos industriais na área, algúns dos cales se atopan xa en vías de negociación e poderían ver a luz nos próximos meses

Atracción de investimento

A Oficina ten como principal obxectivo captar e atraer investimento tecnolóxico e industrial, principalmente no contexto da Industria 4.0. Así mesmo, as actuacións que levan a cabo están aliñadas coas políticas en materia de promoción industrial e atracción de investimentos existentes a nivel europeo, nacional, autonómico e local.

Desde que iniciou a súa actividade, a OPTI alcanzou acordos cos principais axentes de xestión de chan industrial, como poden ser Xestur ou SEXA; ademais de alianzas con entidades como a Universidade da Coruña para establecer sinerxías coa Cidade dás TIC, coa Autoridade Portuaria da Coruña ou co concello de Carballo. Nos próximos meses está previsto que se subscriban convenios de colaboración con outras entidades, públicas e privadas da área.

Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial

O Plan de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña e a súa Área de Influencia, promovido pola Cámara, parte dunha profunda análise da economía coruñesa, que pon de manifesto a progresiva perda de peso do sector industrial na zona, fronte a un sector terciario que foi gañando protagonismo.

Neste sentido, aínda que é certo que un sector servizos forte constitúe unha importante fonte de emprego e riqueza, ademais dunha gran vantaxe competitiva, o estudo sinala que “hoxe en día está aceptado de maneira xeneralizada que a capacidade de crecemento económico non pode nin debe depender exclusivamente destas actividades cunha perspectiva  a longo prazo, mentres que un sector industrial potente resulta unha peza crave para o desenvolvemento dunha economía moderna e para a xeración de emprego na Coruña e a súa área de influencia”.

Tres grandes obxectivos

Deste maneira, o Plan propón tres grandes obxectivos. Por unha banda, require mellorar os factores básicos de localización industrial, que implica completar a dotación de infraestruturas básicas, garantir a conectividad interna e externa, mellorar a coordinación institucional en materia de planificación do territorio e minimizar os trámites administrativos á implantación de novos proxectos industriais.

Así mesmo, pretende unha mellora competitiva da industria local que garanta a súa supervivencia e localización na área metropolitana, o que pasa por adecuar a capacitación dos e das profesionais do sector aos novos requirimentos, fomentar a innovación, favorecer a diferenciación sectorial e a capacidade de achegar un maior valor engadido dentro das cadeas existentes, impulsar a internacionalización, intensificar a cooperación e adecuar a cultura empresarial.

O terceiro gran obxectivo pasa por conseguir un maior grao de proactividade  na atracción de investimentos industriais para a área, sobre a base dunha estratexia de promoción coordinada, o impulso dunha dinámica activa de atracción de investimento e a proxección dunha imaxe conxunta da área metropolitana como potencial receptora de investimentos, unha tarefa na que se buscará a implicación de todos os axentes e entidades vinculadas á promoción industrial da área, así como a colaboración das empresas industriais tractoras máis importantes do territorio

Lea también

Renfe pondrá en circulación a partir del 15 de diciembre dos servicios de Avlo en la conexión A Coruña-Madrid

La conexión Ferrol-Madrid aumentará las opciones de viaje enlazando el nuevo Avlo A Coruña-Madrid y …