Fene acolle a Presentación do libro “Alicerces teatrais en Galiza”

O mércores 17 de xaneiro, ás 20 horas, preséntase en Sillobre o libro “Alicerces teatrais en Galicia; unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1952-1975)”, do técnico en xestión teatral Francisco Oti.

O acto contará coa participación, xunto co autor, da afeccionada ao teatro e veciña de Sillobre Teresa Carballido Salgado, e do concelleiro de Cultura de Fene, Justo Ardá. A entrada é libre e de balde até completar o aforo.

“Alicerces teatrais en Galicia; unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1952-1975)” recolle a actividade teatral en Galiza entre 1952 e 1975; unha época difícil, marcada pola ditadura e a censura, na que o noso teatro renace de vagar para coller forza ata ser o que hoxe é. Polo que, en palabras do autor, “este traballo serve para definir a nosa historiografía teatral e a relación desta con outros fenómenos teatrais como o movemento do Teatro Independente na península ibérica”.

En “Alicerces teatrais en Galicia” o autor dá cumprida información da actividade teatral de xeito panorámico; tendo en conta a todos os axentes que interveñen no feito. Polo tanto, pódense atopar no volume datos de escrita, edición, lecturas, dirección, posta en escena, estreas, montaxes, artigos, revistas especializadas e outras actividades teatrais que nos axudan a ter unha visión máis cumprida da actividade teatral aquí, e tamén da presenza do Teatro Galego fóra.

Con estes datos “podemos deducir a importancia e o rol que o teatro tivo na sociedade galega e no rescate e recuperación do idioma e cultura propios; e como iso axudou a configurar o que demos en chamar “O Novo Teatro Galego”.

Francisco Oti Ríos

Titulado Superior en Dirección de Escena e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Entre os libros que ten publicados, salientan: Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego, (co-editor) (CCG-AGT, 2022); «De congresos, encontros e outras primeiras historias» (Erregueté, 2020); «A Mostra de Teatro Infantil Galego “Xeración Nós”» (Ferrol Análisis, 2020); O Novo Teatro Galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo (Invasoras, 2018); «Dramaturxia de Ferrol. O Grupo Autónomo de Lectura de Obras (GALO)» (Madrygal, 2018); «Teatro do Noroeste. Historia cíclica dunha compañía» (2017); «Teatro, carteis e cómic na Galicia dos anos setenta» (Madrygal, 2016); Xestión de proxectos e produción de espectáculos (Galaxia, 2006); Teoría e técnica teatral (co-autor) (Laiovento, 1997); Teatro, o xogo de sempre (dir. e co-autor) (Xunta de Galicia, 1987).

Teatro

Archivos de realidad (Tradución) / Arquivos de Realidade (Invasoras, 2021) con Julio Fernández; «Unha cuestión familiar» (Dramaturga-Invasoras, 2020); Arquivos de Realidade (Erregueté, 2018) con Julio Fernández; Lingua de lata (Edita T/Invasoras, 2014 [2018]) con Julio Fernández; «Una cuestión familiar» (Q-book, 2017); «Segundo Ricardo Terceiro» (Revista Núa, 2013).

Lea también

La Filarmónica Ferrolana extiende su oferta musical cara la primavera con tres eventos extra

La Filarmónica Ferrolana va extender de manera excepcional su oferta musical de cara a la primavera, con …