A EPEF organiza unha xornada de portas abertas

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e máis co Campus Industrial da Universidade da Coruña, organiza unha nova edición da xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría”.

A cita será, o venres 16 de febreiro, de 09:30 a 14:00 horas, e está dirixido a alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e de ciclos de FP de toda Galicia

O programa de actividades divulgativas proposto pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol para esta xornada inclúe un Escape Room no que o estudantado terá traballar, de xeito conxunto, para resolver unha serie de retos vinculados ao eido das matemáticas, a física, a química ou a expresión gráfica co obxectivo de avanzar na historia e de rematala de xeito satisfactorio.

A isto, cómpre sumarlle a opción de participar en varios obradoiros nos que afondar en contidos vinculados coas enerxías renovables, a automática e a robótica, a mecánica, a biomecánica, a construción ou coa enxeñaría naval.

Do mesmo xeito, ao longo da xornada, o alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e FP participante tamén poderá coñecer de primeira man os avances realizados nos últimos meses no que atinxe ao deseño e a construción dun coche eléctrico levado a cabo por un grupo de máis de 20 estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol co obxectivo de participar, a curto ou medio prazo, na tempada de Probas de Greenpower Iberia.

O centros educativos interesados en asistir á xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do mércores 31 de xaneiro. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Máis información, no correo electrónico subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3226.

Oferta Académica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) – Curso 2023/24

Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Grao en Enxeñaría Mecánica

Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

Grao Dual en Enxeñaría Eléctrica, o primeiro grao dual de Galicia, coa opción para o alumnado de realizar 60 créditos (ECTS) correspondentes ao cuarto curso integramente nunha empresa.

Grao Aberto en Enxeñaría Industrial no que o alumnado estudará no primeiro curso materias comúns aos graos en Enxeñaría Eléctrica (DUAL), Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática e en Enxeñaría Mecánica antes de decidir que grao quere completar.

Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica

Máster Universitario en Fabricación Aditiva (interuniversitario – Universidade de Vigo)

Máster Universitario Internacional en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía,
impartido conxuntamente coa Universitè Paris Diderot (polo que o alumnado obtén un
título de máster por cada país)

Máster Universitario Erasmus Mundus en Sustentabilidade e Industrial 4.0 aplicada ao
Sector Marítimo

Master Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (posibilidade de
cursalo en liña) 

Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica (interuniversitario –
Universidad de La Laguna + dobre titulación co Instituto Politécnico de  Bragança
situado en Portugal)

Formulario de Inscrición – Xornada de Portas Abertas “Día da Enxeñaría” – 16 de febreiro de
2024 https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG3S4bKMmHopCvAq_sVCZQZpUM0FVNzY4TEw1MjAzU05KNTBXM1hEQ1ZQWi4u

Lea también

El Concello de Ferrol todavía no tiene la titularidad de la avenida de As Pías

El estado de las zonas verdes de la avenida de As Pías ha llevado a …