ADOS invita á cidadanía galega a doar neste primeiro mes do ano

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue neste primeiro mes do ano, de maneira especial aos doantes 0 Positivo, A Negativo e A positivo, xa que nos últimos días detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Ademais, cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial.

En moitas das tarefas que se realizan a diario nos hospitais galegos son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns.

Así mesmo, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:

-Venres 12 de xaneiro:  Irixoa, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Noia, Marín, A Guarda, Goián (Tomiño), C.C. As Termas (Lugo), Xinzo de Limia.

-Sábado 13 de xaneiro: Arteixo, Ribeira, Marín, A Guarda.

-Luns 15 de xaneiro: Autoridade Portuaria e Praza de España (Ferrol), Edificio Administrativo da Xunta e Elviña (A Coruña), Corcubión, Polígono do Tambre (Santiago), Sta. Cruz de Rivadulla (Vedra), O Grove, As Travesas e Balaídos (Vigo), Foz, Rúa do Paseo (Ourense), Maceda.

-Martes 16 de xaneiro: Policia Nacional e Praza de España (Ferrol), Colegio Liceo La Paz e Urb. Matogrande (A Coruña), Zas,Sigüeiro (Oroso), I.E.S. Espiñeira (Boiro), Dena (Meaño), Porriño, Torrecedeira (Vigo), Láncara, A Cañiza.

Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

 

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …