O BNG de Ferrol pide responsabilidade ó goberno local na limpeza do litoral

Iván Rivas, voceiro do BNG no concello de Ferrol, pediulle ao alcalde da cidade que «remate coa marea de mentiras e manipulación coa que decidiron abordar esta crise medioambiental e actúe por unha vez coa responsabilidade que ostenta tanto desde o goberno local como para esixirlle responsabilidades ao goberno autonómico»

O BNG lamenta que «o goberno local ainda non lle teña demandado à Xunta de Galicia que poña os medios necesarios para acometer os traballos de limpeza no litoral do noso concello así como que se continúe sen un protocolo de actuación para esta limpeza por parte da Xunta de Galicia. Asi mesmo pediuse que se exixira á Xunta os informes que din poseer ao respecto da toxicidade os pellets, que de conta da incidencia destes na costa»

Para o BNG «o acontecido durante estas semanas volve a mostrar a indefensión na que se atopan as nosas costas produto da falla de competencias, de que a pesar de experiencias pasadas como o Cason, Mar Egeo, Prestige ou Blue Star continuen circulando por diante das nosas cosas buques con bandeira de conveniencia e mercadorias perigosas mentres Xunta e Estado miran cara outro lado e dun goberno autonómico hipócrita que nin exerce as súas competencias nin as demanda e que minte por intereses particulares»

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …