«Só houbo un partido que non estivo o día da inauguración do novo centro de saúde en xullo do 2021». Denunciaba o BNG que «faltaba psicoloxía clínica e persoal administrativo». «Non estiveron na foto pero si aproveitaron a visita de Feijóo para reclamar cun reparto de dípticos a historia do novo centro e o que reclamaban para Narón»
Desta maneira, os nacionalistas rexistraron no Parlamento en Galego en setembro de 2021 «a necesidade de ter máis PSX no centro de saúde de Narón»
Desde aquela, o BNG de Narón presentou mocións plenarias no concello, fixo campañas informativas de denuncia con repartos nas rúas e reclamou melloras no PAC naronés mesmo para os orzamentos galegos do 2024.
«Os recortes da sanidade do goberno da Xunta non permitiron que as incidencias mellorasen e agora, nun pico de procesos gripais elevados, vemos como se colapsa un servizo fundamental para a octava poboación deste país mesmo para pedir unha cita con esperas de ata 45 minutos»
Olaia Ledo declara:
“Narón ten que ser tido en conta e os recortes do PP na Xunta levan a colapso ao noso centro de saúde. Faltan recursos e persoal médico e administrativo. Por iso denunciamos de novo a situación e pedimos ós veciños que apoien ás mobilizacións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública»
«Nós levamos esta situación ao parlamento galego e ao concello. Un PAC inaugurado pola alcaldesa e Feijóo a bombo e prato e que nin tan sequera pode unha ambulancia parar na parte de Urxencias ou só ten un ascensor que se estropea cada dous días é indigno para a veciñanza que fai uso del. Ademais, o centro ten problemas estruturais de humidade e, como dixen ao principio unha falta de persoal que afoga ás persoas traballadoras e as persoas usuarias».
«Estamos convencidas, iso si, que a partir do 18 de febreiro todo cambia co BNG na presidencia da Xunta”
Se adxuntan as declaracións de Olaia Ledo, portavoz do BNG de Narón