Aberto a prazo de candidaturas ós Premios do Deporte da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña abriu o prazo para propor candidaturas á II edición dos Premios do Deporte que convoca a institución provincial para recoñecer ás persoas e entidades da provincia que destaquen pola súa traxectoria logros deportivos ou pola a súa contribución ao fomento da práctica deportiva.

Ata o 31 de xaneiro poderán presentar candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que teñan relación ou estean interesadas na práctica ou promoción do deporte. Poderanse presentar cantas candidaturas se desexen, sempre que non sexa máis de unha por categoría, e admitiranse as autocandidaturas.

Ademais, as persoas que formen parte do xurado, que estará presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e integrado por cinco xornalistas de recoñecido prestixio e traxectoria na información deportiva, poderán tamén facer propostas de candidaturas ao resto dos membros do xurado.

15 categorías de premios

As bases establecen 15 categorías diferentes dos Premios do Deporte Deputación da Coruña: Mellor deportista masculino, Mellor deportista feminina, Mellor deportista veterano masculino, Mellor deportista veterana feminina, Mellor deportista promesa masculino categoría base, Mellor deportista promesa feminina categoría base, Mellor deportista con diversidade funcional masculino, Mellor deportista con diversidade funcional feminina, Mellor adestrador, Mellor árbitro xuíz/a, Mellor entidade colaboradora, mellor evento deportivo, mellor entidade na promoción do deporte de base, mellor entidade na promoción do deporte inclusivo ee premio a toda unha vida dedicada ao deporte.

O xurado resérvase o dereito de realizar ata catro mencións, sempre que o considere oportuno, para aquelas persoas ou entidades que desenvolvesen unha actuación no ámbito do deporte digna de ser destacada a nivel provincial.

Os premios consisten nun galardón conmemorativo e un diploma acreditativo, ademais do recoñecemento social que a Deputación promoverá a través dos medios de comunicación e das súas redes sociais.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2024, ás 14 horas. As solicitudes tramitaranse sempre de xeito telemático a través da sede electrónica da Deputación.

A Deputación organizará unha Gala do Deporte na que se convidará as persoas e entidades participantes e onde se fará público o fallo dos premios, facendo entrega de todas as distincións aos premiados

Lea también

Nico Rosa, jugador más regular de O Parrulo Ferrol para el Premio Hyundai ante UD Ibiza Gasifred

O Parrulo Ferrol jugaba el pasado sábado delante de su afición en el Pabellón de …