O Concello de As Pontes converterase, durante os días 27 e 28 de abril de 2024, no centro neurálxico co campionato galego de raid coa celebración do EumeRaid, proba englobada nas ligas galega e española de raid de orientación.
Trátase dunha proba, na que se mesturan diferentes disciplinas deportivas (carreira a pé, trekking de montaña, ciclismo de montaña e o piragüismo, baixo o marco da orientación.
As persoas participantes, organizadas en grupos mixtos conformados por tres atletas deberán percorrer unha distancia aproximada de 140 kilómetros e salvar un desnivel positivo de 4.000 metros para localizar os puntos de control dispostos pola organización da proba só coa axuda de mapas de orientación e un compás.
Trátase dunha carreira multiaventura, nonstop, que terá unha duración aproximada de 23 horas, tempo necesario, segundo a organización da proba, para completar o percorrido completo. O equipo gañador invertirá unhas 15 horas en completar a proba.
Desde o Concello das Pontes, apunta a importancia desta proba para “dar a coñecer a potencialidades non só das Pontes senón de todo a comarca do Eume para o deporte da orientación e, por extensión consolidar o noso municipio como escenario de grandes eventos deportivos cunha repercusión nacional. Permitíndonos ao mesmo tempo dar a coñecer os nosos recursos naturais e patrimoniais, esencial para promover o turismo deportivo e de natureza en toda a comarca”.