Éxito de participación en Cabanas nas actividades culturais e deportivas ´23-´24

Unha vez iniciadas as actividades culturais e deportivas no mes de outubro, o Concello de Cabanas, a través da concellería de Cultura e Deporte fai balance das mesmas, destacando a finais do 2023, a participación dun total de 377 persoas usuarias218 adultas e 159 menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 83 anos.

En canto ás persoas adultas, 54 asisten a algunha das seguintes actividades culturais: bolillos en Laraxe e Lavandeira; corte e confección en Laraxe (2 grupos) e As Viñas e teatro na Escola Laica (Casa da Cultura), mentres que 164 asisten ás seguintes actividades deportivas: bailes latinos, ioga (2 grupos) e ximnasia pélvica e hipopresiva, as cales se ofertan nas Viñas; tenis no pavillón municipal de San Martiño de Porto; Pilates (3 grupos) e ximnasia terapéutica no soto do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño; pádel na Veiga e patinaxe (2 grupos).

No que se refire aos nenos e rapaces, 45 deles asisten tanto a clases musicais (iniciación á música, linguaxe musical, análise e piano) como a xadrez e teatro, mentres que 114 participan nalgunha das actividades deportivas ofertadas: judo (2 grupos), psicomotricidade, predeporte, multideporte e patinaxe (2 grupos). Con respecto ao curso pasado, hai un grupo máis de judo.

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …