Ciclo de conferencias “Casas Modernas/2” na Academia Galega de Belas Artes

Este martes 9 de xaneiro dará comezo Ciclo de conferencias “Casas Modernas/2” encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias, na Academia Galega de Belas Artes. 

Segundo Luz Paz Agras, coordinadora do Ciclo: “Hoxe seguimos a mirar con interese o Movemento Moderno como un referente fundamental para a arquitectura actual. No ámbito da vivenda, as reflexións levadas a cabo no século XX sobre o espazo doméstico voltan ao presente como unha garantía de calidade e bo vivir”.

«Na edición anterior, tivemos a ocasión de experimentar estes espazos a través de percorridos por algunhas das casas máis recoñecidas a nivel internacional. Neste caso, achegámonos ao noso contexto visitando arquitecturas próximas que tamén nos sitúan no mapa da Modernidade.”

A primeira conferencia titulada “Casa Gomis (La Ricarda)”, terá lugar o 9 de xaneiro e será impartida pola coordinadora do Ciclo Luz Paz Agras.

O día 6 de febreiro, Fernando Agrasar Quiroga, Dr. Arquitecto e académico impartirá a charla “Casa Samuel Janeiro”.

O Ciclo continuará o día 27 de febreiro coa conferencia “Casa Domínguez” a cargo do Arquitecto Manuel Amable Romero Pérez. Por último, o martes 5 de marzo concluirá o Ciclo coa conferencia “Casa Carvajal e Casa García-Valdecasas” que será impartida polos arquitectos Patricia Sabín Díaz e Enrique M. Blanco Lorenzo.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …