A Casa da Xuventude de Ares acolle unha nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro

A Casa da Xuventude de Ares acolle dende este venres, 18 de xullo, unha mostra de novas pinturas do aresán Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, pouco antes de xubilarse, a súa conexión co eido pictórico. 

Casteleiro transita tanto a escultura como a pintura ao óleo, e será este segundo campo o que protagonizará a nova exposición das súas obras no edificio municipal.

No andar superior haberá unha representación de cadros figurativos e abstractos, fuxindo no caso dos últimos da figuración clásica para expresarse unicamente a partir das cores, das formas xeométricas e dos xogos coas liñas. 

Estará aberto ao público até o 31 de xullo co seguinte horario para toda persoa interesada en visitar a colección:

De luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas.

Martes, mércores, e xoves, de 20:30 a 23:00 horas, incorporando a franxa de tarde. 

O artista local amosa o seu traballo como xa fixo en anteriores ocasións na Casa da Xuventude, incluíndo exposicións que achegaban pinturas de paisaxes da zona –baixo o nome ‘Unha narración pictórica da nosa contorna’–, reproducións de grandes clásicos —na súa mostra ‘Escolma de pintura dun tempo’— ou a súa produción escultórica en ‘Mitoloxías de Oriente e Occidente’. 

Lea también

El Museo de la Construcción Naval de Ferrol celebra la Navidad con actividades varias

La Fundación Exponav organiza un año más sus talleres de Navidad para el público infantil, …