O Bono Deporte xa está dispoñible

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, reuniuse con representantes da Real Federación Galega de Fútbol e de varios clubs da zona para informarlles que está dispoñible para a súa descarga o Bono Deporte; Unha axuda de 120 euros para a compra de material e equipamento e a realización de actividades deportivas, como a cota dos clubes, clases, monitores ou cursos.

O Bono Deporte está dirixido a nenos de entre 6 e 16 anos federados nalgunha disciplina deportiva ou inscritos no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar)

Cada beneficiario disporá como máximo dun único bono a trocar nos establecementos adheridos que na área territorial de Ferrol, Eume e Ortegal ascenden a 44 (entre establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestatarias de servizos deportivos).

A listaxe pode consultarse na web bonodeporte.gal , onde tamén se inclúe información sobre o  procedemento e desde onde se poderán descargar os bonos que se emiten en formato dixital, a través dun código QR. Estes poderán descargarse ata o 29 de febreiro, salvo se esgote antes o crédito previsto.

Unha vez descargado, o beneficiario poderá empregalo nas súas compras nos establecementos adheridos ata o 1 de xullo. Descontarase un 80% do custo de cada compra ata esgotar os 120 euros dispoñibles. O importe irase reducindo en función do valor da compra realizada (IVE incluído).

Lea también

El Valdetires Ferrol cierra este 2025 este sábado en Esteiro ante Ourense Ontime “B”

Última función de este 2025 para el Valdetires Ferrol y lo hará este sábado en …