Cerdido recibe ós Reis Magos nunha xornada chea de actividades

Os Reis Magos chegan a Cerdido este sábado 6 día de Reis, para visitar a tódolos nenos  antes de emprender a súa viaxe de volta a Oriente.

A axenda das Súas Maxestades comezará coa tradicional Cabalgata, saíndo ás 11 horas desde a Casa da Cultura en dirección á igrexa parroquial. Alí, a partir das 12 horas, celebrarase unha misa cantada pola Coral Eixil, onde tamén haberá un Belén vivinte

Ao remate, en torno ás 13 horas, a comitiva realizará a viaxe de volta en dirección á Casa da Cultura.

Pola tarde, será a quenda para a Festa Infantil no pavillón polideportivo Municipal. Desde as 17 ás 20 horas haberá unha gran cantidade de inchables, un touro mecánico e moitos máis agasallos mentres as Súas Maxestades reciben a visita dos máis pequenos de Cerdido.

Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza a achegarse o citado sábado ata o percorrido da cabalgata e á Festa Infantil, para acadar unha das xornadas máis máxicas de todo o ano.

Lea también

Herida leve una persona después de que un tren arrollase las ramas de un árbol circulando por Ortigueira

Una persona ha resultado herida leve en la tarde de este viernes después de que …